Saltar ao contido principal
Xornal

Últimos días para presentar candidaturas ao XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

O prazo para concorrer ao galardón convocado pola USC e o grupo empresarial Aresa, que conta cun premio en metálico de 10.000 euros, remata o venres 27 de outubro

Actualizada: 18-10-2017 14:31
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento rural, un galardón convocado pola USC e o grupo empresarial Aresa, pecha o venres 27 de outubro o prazo de presentación de candidaturas. Este galardón, que contempla unha dotación en metálico de 10.000 euros para o gañador, premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

 

As bases desta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural están dispoñibles na páxina web www.aresa-agricola.com e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais dos campus universitarios de Lugo (no Edificio dos Servizos Centrais) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 horas do venres 27 de outubro.

 

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros en metálico e o seu fallo será determinado por un xurado especializado que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora antes de finais de febreiro de 2018.