Saltar ao contido principal
Xornal

Sesión de contacontos do Xapón a cargo de Yoshi Hioki

Actualizada: 20-10-2017 10:13
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O afamado narrador Yoshi Hioki ofrecerá o vindeiro mércores 25 unha sesión de contacontos con historias tradicionais de Xapón. Poderá escoitarse ás 18.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. A entrada ao espectáculo, apto para maiores de 16 anos, é de balde ata completar aforo.

Pintor e narrador residente en Barcelona desde 1991, Yoshi Hioki dedícase a contar mitos, lendas e relatos literarios de todas as épocas do seu país. Desenvolve ademais diversas actividades como conferenciante e docente das actividades culturais para o Museo Etnolóxico de Barcelona e a Casa Asia. Membro da Associació de Narradores i Narradors, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona.