Saltar ao contido principal
Xornal

A promoción 1987-1992 de Química celebra este sábado as súas vodas de prata

Actualizada: 20-10-2017 10:26
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O alumnado da promoción 1987-1992 de Química festexarán este sábado 21 a súa volta ás aulas de Compostela. O comité organizador do evento está encabezado pola profesora da USC Sonia Freire, e conta tamén coa profesora Matilde Fondo.

A xornada comezará ás 12.30 horas no Recanto da Saudade cunha pequena intervención da presidenta de Alumni USC, Benita Silva, que convidará a facerse unha fotografía de grupo nas escaleiras da Facultade de Física. A continuación trasladaranse ao Salón de Graos da Facultade para o acto académico no que participarán a decana Pilar Bermejo, o representante do profesorado da promoción, Jose M. Vila, e a representante do alumnado da promoción, Charo Basteiro.