Saltar ao contido principal
Xornal

O Campus Terra da USC organiza unha xornada de orientación laboral para os estudantes de primeiro curso da EPSE

A sesión terá lugar o vindeiro 31 de outubro no salón de actos a partir das 12.00 horas

Actualizada: 20-10-2017 12:07
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

A responsable da área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, impartirá unha sesión de orientación laboral o vindeiro 31 de outubro, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, destinada aos alumnos e alumnas de primeiro curso deste centro universitario lugués.

 

No transcurso da xornada, que terá lugar entre as 12.00 e as 14.00 horas, os e as asistentes recibirán o que Gloria Cruz define como “orientación de base”, é dicir, “concienciar ao alumnado de que o camiño para a inserción laboral comeza dende o primeiro día que pisan o campus”. Neste senso, a xornada centrarase en expoñer todas aquelas competencias transversais que poden adquirir durante a súa estadía no Campus Terra e que resultan altamente positivas á hora de enriquecer o seu currículo, tales como coñecementos informáticos, prácticas ou idiomas.

 

Ademais, durante a sesión tentarase que os e as asistentes sexan capaces de visualizar o seu futuro xa que, tal e como sinalou a responsable de Orientación Laboral no Campus Terra “dependendo de a que queiran dedicarse no futuro, deben entender que non sempre chega con obter un aprobado”. A entrada a esta xornada organizada polo Campus Terra da USC é aberta e de balde para todo o público interesado.