Saltar ao contido principal
Xornal

Doazón da contía económica do XXI Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Paralelamente, desenvolvese o seminario internacional Camiño de Santiago e Europa no que colabora o Grupo Compostela de Universidades

Actualizada: 20-10-2017 12:49
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O galardoado co XXI Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, Marcelino Oreja Aguirre, asinará o luns 23 o acordo de doazón da contía económica do galardón, 6.000 euros, a Aldeas Infantiles SOS Galicia, pola que acode a súa directora de calidade, Felisa Carrera.

Na doazón, que se asinará ás 12.40 horas no despacho do reitor, estarán tamén presentes o reitor Juan Viaño; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, Teresa Carballeira Rivera.

Seminario internacional
Organizado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC en colaboración co Grupo Compostela de Universidades, o luns comeza en Santiago o seminario internacional Camiño de Santiago e Europa, que analizará a pegada da ruta de peregrinación na cultura e construción europea. Nel, máis de 50 especialistas e estudantes internacionais participarán en relatorios e debates nos que se abordarán os aspectos xurídicos, sociais e culturais do Camiño.

Grupo Compostela de Universidades
O Grupo Compostela de Universidades é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, que traballa en prol da colaboración e promove o diálogo en todos os ámbitos da educación superior. O GCU comezou a súa andaina no ano 1994 e dende a súa creación, foi medrando ata unir ao seu camiño a máis de 60 universidades de todo o mundo. Todos os peregrinos do Grupo Compostela de Universidades comparten os valores de cooperación e integración desenvolvidos en torno ao Camiño a Santiago.