Saltar ao contido principal
Xornal

O reitor impúxolle a Insignia Fonseca a 85 integrantes do cadro de persoal da USC

É unha distinción que recoñece a traballadoras e traballadores con máis de 30 anos de dedicación á institución

Actualizada: 20-10-2017 14:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Ao acto de imposición acudiu unha numerosa representación do compañeiros e compañeiras homenaxeados. Foto: Santi Alvite

Corenta e cinco integrantes do cadro de persoal de administración e servizos e corenta do docente e investigador, entre os que se atopaban unha representación de Javier Rojo a título póstumo, recibiron este venres a Insignia Fonseca, unha distinción que o reitor concede a traballadoras e traballadores que teñan prestado servizos á institución durante máis de trinta anos e que tiveran cumpridos entre sesenta e sesenta e cinco anos.

A imposición da Insignia Fonseca materializa o recoñecemento por trinta anos de “dedicación, capacidade e esforzo á USC” e é “símbolo inconfundible para materializar o inquebrantable compromiso de todos vostedes”, aseverou o reitor no acto de imposición. Viaño convidou os traballadores e traballadoras homenaxeados a “sentir a insignia máis aló do recoñecemento que lle debemos e que hoxe lle tributamos” e pregoulles “recoñezan nesta enxeña da nosa universidade o memento do seu vínculo indisoluble con esta Alma Mater, á que tanto deron e á que tanto poden seguir contribuíndo”.

En representación do colectivo de Administración e Servizos (PAS) tomou a palabra Milagros Casal Botana quen agradeceu en nome do PAS o recoñecemento e lembrou a importante evolución experimentada no plano laboral por este colectivo nun época de rápidos e importantes avances no plano técnico e no das novas tecnoloxías. A capacidade de adaptación demostrada deixa constancia da “competencia e disposición” deste persoal. Para rematar reivindicou maiores porcentaxes de representación nos órganos de goberno universitario para o colectivo.

Mª del Carmen Segura Iglesias, en nome do profesorado,  igualmente aludiu á importante evolución experimentada pola institucións universitaria ao longo das últimas tres décadas, cualificando o seu periplo universitario como unha oportunidade de crecemento intelectual e persoal. En opinión da profesora Segura Iglesias o actual estatus da USC como unha das universidades mellor valoradas do estado e do mundo está asociado ao empeño de todos os estamentos da comunidade universitaria hoxe representados na cerimonia.

O acto de imposición celebrouse no Salón Nobre do Colexio de Fonseca coa participación dunha nutrida representación das persoas homenaxeadas e o acompañamento musical do cuarteto Onslow Universitas Musica da Orquestra da USC. Na mesa presidencial tamén participaron o xerente José Manuel Villanueva Prieto e os vicerreitores de Organización Académica e Persoal Docente e Investigación, Luis Lima; de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes; e de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno.

Recibiron a insignia Ventura Álvarez, Felisa Barroso, María de las Mercedes Bermejo, Andrés María Ignacio Bermejo, Mercedes Botana, Elena Cal, Victoriano Calvo, Arturo Campanero, Jenaro Carneiro, Fernando Carou, Mª Milagros Casal, Francisco Castro, Mª Carmen Cea, Arturo Clavero, Celia Couce, María Enjo, Manuel Fernández, Mª José Fernández, Mª Pilar Feros, Ramón Gesto, José M. González, Pilar González, Mª Josefa Juncal, Severino Ángel Lavandeira, Genevieve Le Corre, Fernando Liñares, Mercedes Manteiga, Marcial Martínez, Manuela Moure, Carlos Otero, José Luis Quintela, Jesús Quintela, María Regueiro, Lucía Rodríguez, Manuela Rodríguez, Celia Elena Rosende, José Manuel Rozas, Jesús Sánchez, Josefina Sanjiao, Juan Vázquez, María del Carmen Vázquez, María Elena Veiga, Eduardo Villa, Ramón Villar e María del Carmen Xove, do cadro do PAS.

Por parte do PDI recibiron a imposición Rosario Álvarez, Daniel Baldomir, Agustín Bonome, Miguel A. Caínzos, Ángel J. Concheiro, Mª del Carmen Fernández, Leoncio Franco, José Federico García, José Marcelino García, Luis Alberto Gómez, Manuel González, José Guitián, Luis Iglesias, Ramón Francisco Mascato, Manuel Mosquera, Xosé L. Otero, José A. Oubiña, Miguel Pérez, Concepción Presas, Jorge A. Pueyo, José M. Pumar, Rita Radl, Benito J. Regueiro, Mª Elena Rivas, Antón Abel Rodríguez, Francisco Rodríguez, Santiago Rodríguez-Segade, Javier Rojo, Pegerto Saavedra, María Helena Sánchez, María Teresa Santamarina, María Lourdes Santana, Mª del Carmen Segura, Benita Silva, Ramón Soto, José M. Touriñán, María Dolores Valiña, María del Carmen Vázquez, Manuel Enrique Vázquez e Alfredo Vigo.


Outras imaxes


O reitor presidiu a sesión celebrada no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Foto. Santi Alvite