Saltar ao contido principal
Xornal

Dispoñibles na web do Servizo de Publicacións as versións dixitais dos volumes de outono de Unelibros e Unerevistas

Actualizada: 23-10-2017 10:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Na páxina web do Servizo de Publicacións están xa dispoñibles as entregas dixitais de outono de Unelibros e Unerevistas, boletíns semestrais da Unión de Editoriais Universitarias  dirixidos polo director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, que incorporan as novidades de todos os asociados e novas e reportaxes do sector.

Unelibros conta cunha versión impresa da que se fai unha tiraxe de 4000 exemplares que se distribúen institucionalmente e entre profesionais do eido da edición científica e académica. Nesta entrega de Unelibros, ademais, hai un amplo informe das primeiras coleccións universitarias certificadas co selo de calidade editorial CEA-APQ (avalado por Fecyt e Aneca)  e unha interesante entrevista co novo director da ANECA.