Saltar ao contido principal
Xornal

Ibader e Indurot presentan en Ribadeo o Life Fluvial, un proxecto transnacional orientado á conservación de corredores fluviais

O acto de presentación deste programa europeo desenvolverase este martes 24 de outubro ás 11.00 horas no consistorio de Ribadeo

Actualizada: 23-10-2017 13:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo da USC, Andrés Barreiro Lois; o director do Instituo de Recursos Naturais e Ordenación do Territorio (Indurot) da Universidade de Oviedo, Jorge Marquínez García, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, presentarán este martes, ás 11.00 horas, no consistorio de Ribadeo, o proxecto europeo Life Fluvial, un programa transnacional orientado á mellora da xestión e da conservación de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica.

 

O director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do Campus Terra da USC, Pablo Ramil Rego, tamén intervirá xunto con outros responsables técnicos do Ibader e do Indurot no acto de presentación en Galicia do proxecto Life Fluvial, un programa que conta con financiamento da Comisión Europea e en cuxo desenvolvemento colaboran diversos organismos públicos, ademais de empresas e asociacións de Galicia, Asturias e Portugal.