Saltar ao contido principal
Xornal  »  OpSeeker gaña o terceiro premio do programa YUZZ Xóvenes con Ideas

OpSeeker gaña o terceiro premio do programa YUZZ Xóvenes con Ideas

O proxecto de Lucie Hefnerová e Gonzalo Camiña Ceballos foi madurado no nodo YUZZ-Santiago

Actualizada: 06-11-2017 12:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Lucie Hefnerová, no centro, acompañada de Elena Pernas e Manel Cotos

A startup Opseeker, de Lucie Hefnerová e Gonzalo Camiña Ceballos e madurada no nodo YUZZ-Santiago, acaba de gañar o terceiro premio da VIII edición do programa YUZZ Xóvenes con ideas, dotado con 10.000 euros.

Ao seu regreso de Silicon Valley, Lucie Hefnerová, a CTO de OpSeeker e un dos dous membros que participou no programa YUZZ Santander Xóvenes con ideas no centro de Santiago de Compostela que coordina Elena Pernas Verdugo, uniuse este venres na Cidade Grupo Santander de Boadilla del Monte ao resto de compañeiros de máis de 50 centros de toda España para a entrega de premios da XVII edición, á que acudiu o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, Manel Cotos.

Lucie Hefnerová, natural de Praga, non quixo no evento esquecerse das persoas que fixeron posible que este proxecto fose galardoado nesta edición e que agora estea na aceleradora Fintech máis importante de toda Europa, ‘Startupbootcamp’. “Quero agradecer a meus pais todo o seu apoio nestes meses de duro traballo, a todos os compañeiros de YUZZ Santiago, aos membros de CISE, de SECOT e aos especialistas do programa que nos axudaron a levar OpSeeker ao seguinte nivel, pero  sobre todo a Elena, a nosa coordinadora, pola completa disposición que tivo todos estes meses”0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 .

O segundo participante de OpSeeker no programa de YUZZ Santiago, Gonzalo Camiña Ceballos, –q ue non puido asistir á entrega xa que está en Amsterdam no programa de aceleración de Startupbootcamp– quixo sumar a eses agradecementos  un particular á súa nai “porque sen o seu apoio nada disto sería posible” e a todo o equipo de OpSeeker: Lucie Hefnerová, Carlos Rodríguez e Carlos Casanueva Nárdiz.

Gañador local
O Centro Yuzz-Santiago é un espazo de coworking dedicado ao emprendemento que se atopa no Edificio Emprendia da USC e no que desde xaneiro traballaron 35 emprendedores para converter as súas ideas empresariais en proxectos. A Universidade, en colaboración coa Xunta de Galicia, coordina tamén o nodo de YUZZ-Lugo que ten a súa sede na Facultade de Administración de Empresas do Campus de Lugo.

En decembro de 2016 no Centro Yuzz-Santiago seleccionáronse 35 emprendedores de entre máis de 100 solicitudes, chegando 20 proxectos á final, que gañou OpSeeker. Grazas a isto a representante da startup Lucie Hefnerová viaxou a Silicon Valley para vivir unha experiencia que lle serviría para acelerar o Desenvolvemento dos seus proxectos, brindándolle conexións para a internacionalización da futura empresa e a busca de financiamento. O programa incluíu visitas a empresas como Google, LinkedIn, Facebook, Uber ou Airbnb e conferencias en prestixiosas universidades como Berkeley e Stanford.

O proxecto finalista que representou a YUZZ-Lugo nesta edición foi ZebraNanoTox, desenvolvido por Vanessa Pérez e Carlha Gutiérrez, do grupo de investigación da Facultade de Veterinaria ZebraBioRes-ACUIGEN.

O programa YUZZ diríxeo CISE co patrocinio de Banco Santander e a colaboración en Santiago da USC e da Secretaría de Emprego da Xunta de Galicia.

 

Outras imaxes