Saltar ao contido principal
Xornal  »  Exaculación feminina, fuso horario e cannabis, os temas da NerdNite deste mércores

Exaculación feminina, fuso horario e cannabis, os temas da NerdNite deste mércores

Actualizada: 14-11-2017 10:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Este mércores 15 terá lugar unha nova sesión das NerdNites con tres temas singulares como son exaculación feminina, fuso horario e cannabis. Coa xornada, ás 21:30 horas na Nave de Vidan, esta proposta lúdico-científica chega ás 100 charlas.

A psicóloga sanitaria, sexóloga e fundadora de ‘Con Mucho Gusto!’, Martina González Veiga, intervirá coa charla ‘Chove sobre mollado: exaculación feminina ’, mentres que o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira fará o propio con ‘O fuso horario é inocente’. Por último, ‘Que queres saber e non te atreves a preguntar sobre o cannabis?’ é a proposta de Manuel Isorna Folgar, técnico en prevención de drogodependendencias do Concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo.