Saltar ao contido principal
Xornal  »  O antropólogo Manual Mandianes impartirá unha conferencia sobre as oportunidades de cooperación entre Galicia e Norte de Portugal

O antropólogo Manual Mandianes impartirá unha conferencia sobre as oportunidades de cooperación entre Galicia e Norte de Portugal

Actualizada: 14-11-2017 12:54
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O antropólogo Manuel Mandianes Castro impartirá unha conferencia este mércores na que analizará as oportunidades de cooperación entre Galicia e Norte do Portugal no marco da cooperación transfronteiriza, así como o financiamento europeo existente para que as entidades galegas poidan desenvolver proxectos nesta eurorrexión. A conferencia comezará ás 19.00 horas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

Esta conferencia constitúe unha acción de visibilidade da cooperación transfronteiriza desenvolvida por alumnado do curso de Axentes de Cooperación convocado pola Fundación Galicia Europa en colaboración coa Facultade compostelá. Na sesión participarán ademais Inês Gusman, do grupo de investigación de Análise Territorial, e Rocío Toxo Asorei, do grupo de investigación Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais, ambas da USC.