Saltar ao contido principal
Xornal  »  A Universidade de Santiago regula as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago regula as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia

Actualizada: 14-11-2017 13:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago de Compostela decidiu restrinxir as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, un dos seus elementos patrimoniais máis senlleiros, coa fin de facilitar o estudo e tarefas de investigación á comunidade universitaria.

Será unicamente o alumnado e o persoal da USC quen poida acceder á biblioteca, que tamén se mostrará a visitantes alleos á institución a través do programa de Visitas Guiadas ao Patrimonio Histórico da USC que xestiona a propia universidade e que contempla dúas visitas diarias en horarios de baixa incidencia na actividade cotiá do centro.