Saltar ao contido principal
Xornal  »  A USC organiza en Ortigueira unha xornada sobre arqueoloxía

A USC organiza en Ortigueira unha xornada sobre arqueoloxía

Actualizada: 05-12-2017 13:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O teatro de Beneficiencia de Ortigueira acollerá o vindeiro sábado 9 unha xornada de conferencias, de acceso libre e gratuíto, sobre a paisaxe arqueolóxica non só desa zona senón tamén de Galicia e Asturias. A actividade está coordinada por Pilar Prieto Martínez, Javier González García e Marco García Quintela.

A xornada dará comezo ás 11.00 horas coa intervención de Lois Armada Pita, do Incipit-CSIC, titulada ‘De ouros e bronces: achegas á metalurxia protohistórica do Ortegal’. Seguiralle César Parcero Oubiña, tamén do Incipit, con ‘Punta dos Prados e o mundo castrexo do Noroeste: unha ollada 15 anos despois das últimas escavacións’.

Xa pola tarde será a quenda de Javier González García, do grupo Síncrisis da USC que organiza o encontro, co relatorio ‘Releyendo a Maciñeira: Ortegal y Bares ¿cabo de los ártabros y puerto de los ártabros?’ e de Carlos Otero Vilariño con ‘Na busca do Mar. O Camiño dos Arrieiros’.