Saltar ao contido principal
Xornal  »  Teresa Fernández de la Vega impartirá unha conferencia no Paraninfo da Universidade sobre ‘Investigación e ciencia en feminino’

Teresa Fernández de la Vega impartirá unha conferencia no Paraninfo da Universidade sobre ‘Investigación e ciencia en feminino’

Actualizada: 07-12-2017 13:25
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A presidenta da Fundación Mujeres por África, Teresa Fernández de la Vega, impartirá o luns 11 no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) a conferencia titulada ‘ Investigación e ciencia en feminino’. A sesión comezará ás 12.00 horas.

A Fundación Mujeres Por África é unha entidade privada sen ánimo de lucro creada en 2012 por María Teresa Fernández de la Vega, ex vicepresidenta do Goberno de España. O seu principal obxectivo é contribuír ao desenvolvemento do continente africano a través do apoio e acompañamento as súas mulleres, quen constitúe un gran motor de progreso.  Mujeres por África está comprometida coa democracia, a gobernanza, a paz, os dereitos humanos e o desenvolvemento económico e social sustentable.