Saltar ao contido principal
Xornal

A catedrática Alicia Estévez Toranzo ingresará este mércores na Academia de Farmacia de Galicia

Actualizada: 13-12-2017 14:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Alicia Estévez Toranzo no seu laboratorio nunha imaxe de arquivo

A catedrática de Microbioloxía Alicia Estévez Toranzo pronunciará este mércores 13 no Antigo Hospital de San Roque de Santiago o discurso de ingreso na Academia de Farmacia de Galicia. Nunha sesión protocolaria ás 19.00 horas, a lección da nova académica de número leva por título ‘ Acuicultura sustentable: da quimioterapia á vacinación’ e será contestada polo tamén profesor da USC Tomás González Villa. A profesora Estévez Toranzo fará un percorrido pola innovación tecnolóxica experimentada na acuicultura nas últimas décadas como factor determinante na mellora desta actividade.

A catedrática de Microbioloxía co dirixe o grupo de investigación en patoloxía de animais acuáticos, grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia. É doutora en Bioloxía e licenciada en Farmacia pola USC. Realizou estadías pre e posdoutorais nas universidades de Maryland e Oregon. Entre 2004 e 2013 foi directora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía e dende 1999 coordina o programa de doutoramento en Avances en bioloxía microbiana e parasitaria. Algunhas das súas liñas de investigación principais son a caracterización fenotípica e molecular de patóxenos bacterianos, análise epizootiolóxico, estudos moleculares de factores de virulencia de patóxenos bacterianos e desenvolvemento de estratexias para a prevención e control de enfermidades de peixes.