Saltar ao contido principal
Xornal

Nace a rede Inmunogenom para a mellora e sustentabilidade da produción acuícola

Actualizada: 18-12-2017 13:30 . INVESTIGACIÓN
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Instituto de Acuicultura acolleu este venres a presentación da Rede de Investigación e Transferencia en Acuicultura (Inmunogenom) que coordina o profesor da USC Paulino Martínez e que está conformado por unha decena de grupos. Inmunogenom pretende favorecer o intercambio de coñecementos entre a investigación pública e o sector produtivo así como promocionar o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á mellora e sustentabilidade da produción acuícola.

A xornada abrírona a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e o profesor Paulino Martínez, tras quen interveu Antonio Villalba, do Centro de Investigacións Mariñas CIMA, para presentar os seus traballos sobre a transmisión horizontal de cancro de berberecho

A sesión continuou cun debate sobre os retos da acuicultura e a relación entre ciencia, industria e administración, e unha sesión de presentación das capacidades dos distintos grupos de investigación que integran a rede: Matbioinfo (Matemática aplicada e bioinformática), Acuigen (Xenética para a acuicultura e a conservación de recursos biolóxicos), Gapavet (Anatomía patolóxica veterinaria), Paraquasil (Inmunobioloxía e parasitoloxía de peixes), Ditaprein (Diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades infecciosas) e GPM-CIMA (Grupo de patoloxía en moluscos).

Forman parte tamén de Inmugenom o grupo GIPA (Investigacións de patoloxía en acuicultura) e os do propio Instituto de Acuicultura da USC, Acuibiomol (Bioloxía molecular e do desenvolvemento en acuicultura) e Aquabiotec (Acuicultura e biotecnoloxía).


Outras imaxes