Saltar ao contido principal
Xornal

O reitor mantivo un encontro de traballo coas directivas de colexios maiores adscritos á USC

Actualizada: 12-01-2018 09:50
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita: José Eiriz Picos, Constantino Viñuela, Álvaro Medina, Juan Viaño, José Antonio Constenla, Carlos Hernández e Elena Ferrer

O reitor Juan Viaño mantivo un encontro de traballo con directores/as dos colexios maiores adscritos á USC para presentar o traballo que veñen realizando estas entidades así como para formular diversas vías de colaboración de cara ao futuro.

Polos colexios maiores asistiron, Elena Ferrer, directora do Colexio Maior Arosa; Constantino Viñuela, do Colexio Maior San Agustín; José Eiriz, da Residencia Universitaria Teniente General Barroso; Carlos Hernández, do Colexio Maior Gelmírez; e Álvaro Medina do Colexio Maior La Estila, xunto ao seu adxunto José Antonio Constenla.