Saltar ao contido principal
Xornal

Preto de corenta investigadores internacionais participan en Matemáticas nun seminario sobre lóxica e teoría de categorías

Actualizada: 12-01-2018 11:14
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do encontro

A Facultade de Matemáticas acollerá esta fin de semana, o sábado 13 e domingo 14, a celebración da edición 102ª do Peripatetic Seminar on Sheaves and Logic (PSSL) , unha seminario itinerante de lóxica e teoría de categorías que se celebra periodicamente en distintos países europeos. O encontro volve recalar na universidade compostelá practicamente trinta anos despois de que a facultade da USC acubillará en 1989 a edición número 44.

Seguindo a tradición do PSSL, esta é unha xuntanza informal que cubra todas as áreas temáticas que se abordan no ámbito da teoría de categorías e as súas aplicacións, con especial protagonismo para alumnado de doutoramento e investigadores novos. Nesta ocasión, en Compostelá está prevista a presenza de preto de corenta investigadores e investigadoras das universidades de Barcelona, Católica de Lovaina, Coimbra, Cambridge, Libre de Bruxelas, Milán, Palermo, Porto, Técnica de Darmstadt, Shahid Beheshti e Stellenbosch, ademais da USC e Uvigo, do Instituto de Matemáticas de Uzbekistan e do Instituto Universitario de Lisboa.