Saltar ao contido principal
Xornal

Aberta a inscrición no módulo de Produción, rodaxe e distribución do Espazo de Cine da USC

O produtor do filme Doghs, o lugués Suso López, será o encargado de impartir este programa formativo, que está estruturado en 28 horas lectivas

Actualizada: 12-02-2018 11:49
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Suso López impartirá o módulo de Produción, rodaxe e distribución

A área de Cultura da USC no Campus Terra, a través do seu Espazo de Cine, mantén aberto o período de inscrición para o seu módulo en Produción, rodaxe e distribución, impartido por Suso López, produtor executivo do filme Dhogs que vén de ser recoñecido con 17 candidaturas aos premios Mestre Mateo, entre elas, o de mellor película.

 

Neste curso, abordarase a produción executiva, o desenvolvemento dun proxecto, o traballo de pre-produción, a produción de campo, os equipos técnico e artístico, o financiamento e a distribución de proxectos audiovisuais. Ademais, analizaranse estas cuestións no marco das necesidades de guións en casos reais. Finalmente, o curso acometerá os roles e departamentos de rodaxe con prácticas gravadas.

 

Este módulo, que abrangue un total de 28 horas, celebrarase os días 24 de febreiro e 3 de marzo, en horario de 09.00 a 14.00 horas; e os días 10 e 17 de marzo en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As inscricións poden realizarse ata o día anterior de inicio das clases a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es. A información sobre o curso pode ampliarse a través do número de teléfono 982821513.