Saltar ao contido principal
Xornal

A formación de posgrao e as alternativas de inserción laboral centran este xoves unha xornada na Escola de Enfermaría

Javier Bueno e Asunción Núñez Magdalena abrirán o foro ás 10.00 horas no centro universitario lugués

Actualizada: 14-03-2018 09:54
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias de sobre actividades de I+D+i e inserción laboral organizadas este xoves 15 de marzo na Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Lugo.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría do campus lugués, María Asunción Núñez Magdalena, inaugurarán, ás 10.00 horas, esta xornada de orientación laboral, dirixida a estudantes de último curso e tamén a novos graduados e graduadas.

 

O técnico da rama xurídica da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Manuel Gómez López, que tamén é subdirector de Recursos Humanos no Sergas, abrirá a quenda de intervencións cunha exposición sobre a inserción laboral no ámbito público. De seguido, o técnico da área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC en Lugo, Ramón Mazoy Fernández, falará sobre as axudas para actividades de posgrao na USC.

 

A presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, abordará neste foro a colexiación dos profesionais da enfermaría, mentres que  Carlos Rodríguez Cabana, da Subdelegación de Defensa, e Javier Mato González, enfermeiro e tenente reservista, pecharan a xornada cunha charla sobre enfermaría militar.