Saltar ao contido principal
Xornal

Os profesores Antonio López e Juan Viaño, candidatos provisionais a reitor da USC

Esta noite participan nun debate en Dereito sobre as propostas de promoción para os acreditados a cátedra

Actualizada: 04-04-2018 13:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os profesores Antonio López e Juan Viaño son os candidatos provisionais das eleccións a reitor que terán lugar o 23 de abril, segundo a resolución publicada hoxe pola USC. A lista definitiva de candidaturas á Reitoría coñecerase o día 10.

Debate
Como un dos primeiros actos de pre campaña, os dous profesores participarán hoxe mércores 4 nun debate organizado pola Coordinadora dos Acreditados e Acreditadas a Cátedra da USC. Será ás 19:45 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito cando Viaño e López, moderados polo profesor Miguel Túñez, contrasten as súas propostas de promoción para o colectivo á vez que atendan as cuestións formuladas polas persoas e medios de comunicación que asistan.

As persoas interesadas poderán seguir o debate en directo por USC TV a través do canal http://tv.usc.es/directo2.html.

Calendario electoral
Logo da proclamación definitiva de candidaturas o día 10, darase paso á campaña electoral entre os días 11 e 21 de abril. Logo da xornada de reflexión do 22 de abril, a votación para a elección de reitor ou reitora e de representantes a Claustro Universitario celebrarase o luns 23 de abril entre as 10.00 e as 18.00 horas.