Saltar ao contido principal
Xornal

Os instrumentos e servizos de apoio ás empresas exportadoras, a análise na EPS da man do grupo de innovación docente Ruralia

O director territorial de Comercio do ICEX, Sergio Prieto López presenta este mércores, a partir das 16.30 horas, o programa de bolsas de internacionalización empresarial

Actualizada: 10-04-2018 10:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

Os instrumentos de apoio á exportación e os servizos de asistencia de ofrece o Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) centra este mércores 11 de abril a temática dunha xornada promovida na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC polo grupo de innovación docente Ruralia no marco do ciclo ‘Na EPS queremos saber’.

 

A xornada, que se desenvolverá a partir das 16.30 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués, leva por título ‘Instrumentos de apoio á exportación. O ICEX: Servizos de asistencia á empresa exportadora española’. O director territorial de Comercio do ICEX, Sergio Prieto López, será o relator encargado de conducir esta xornada informativa, no marco da que tamén presentará ao público asistente o programa de bolsas de internacionalización empresarial promovido polo ICEX.

 

Prieto López aproveitará a súa presenza na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC para afondar tamén nos instrumentos de apoio á exportación dos que xa poden facer uso as empresas alimentarias e do sector madeireiro. A xornada é de acceso libre e de balde para todo o público interesado.