Saltar ao contido principal
Xornal

Unha investigadora da Estación de Hidrobioloxía realizará unha estadía en Estados Unidos cunha bolsa Fullbright e da Sociedade Malacolóxica de Londres

Actualizada: 10-04-2018 11:55
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A investigadora da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC Mª del Carmen Cobo acaba de obter dúas bolsas de concorrencia competitiva para a realización de estadías internacionais de investigación. A doutora Cobo obtivo a bolsa do programa Fullbright ‘Ruth Lee Kennedy’, promovida polo Instituto Internacional e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, e a ‘Early career Research Grant’ da Sociedade Malacolóxica de Londres. A primeira destas axudas destínanse a doutores/as que queren investigar en centros de ensinanza superior nos Estados Unidos de América, mentres que a segunda outórgase a investigadores internacionais sen cargos profesionais para apoiar a publicación da investigación sobre moluscos.

Mª del Carmen Cobo realizará a súa estadía no departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Alabama-Tuscaloosa e no Museo de Historia Natural de Alabama. Nel se estuda a sistemática e xenómica evolutiva dos invertebrados mariños utilizando secuenciación de alto rendemento e ferramentas bioinformáticas baixo a dirección do doutor Kevin Kocot. A doutora Cobo participará nun proxecto que inclúe o estudo filoxenético dos moluscos aplacóforos, baseado en datos moleculares e abordará o estudo taxonómico e afondará nas técnicas de obtención do DNA barcoding contribuíndo a crear unha ampla libraría con secuencias moleculares de Solenogastros e Caudofoveados.