Saltar ao contido principal
Xornal

Estudantado de Educación Primaria desenvolve un obradoiro que achega a música ao alumnado do rural

Actualizada: 13-04-2018 12:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

As rapazas e rapaces participan en xogos, sonorizacións, bailes e cancións

Alumnado de terceiro curso do grao en Mestre/a en Educación Primaria comezou esta semana a impartir obradoiros musicais en locais socioculturais do rural galego arredor da cidade de Santiago a modo de proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Esta é a cuarta edición dunha iniciativa que se desenvolve dentro do proxecto ‘Recuperando as tradicións a través da música e da arte’ e que se desenvolve no Local Socio Cultural de Bando.

O alumnado universitario encargado do desenvolvemento desta iniciativa formulou un programa que inclúe actividades de descubrimento da música, da voz e dos instrumentos a través de xogos, sonorizacións, bailes e cancións. É unha iniciativa de carácter interdiscplinario que mestura contidos de tres materias diferentes: motricidade infantil, música na educación primaria e innovación docente e iniciación á investigación.

A fórmula da Aprendizaxe-Servizo permite neste caso achegar a música a rapaces e rapazas da zona rural que doutro xeito non terían acceso a actividades musicais máis alá do que é a aula de primaria. Inicialmente, os obradoiro deseñáronse para alumnado de entre 7 e 10 anos e, neste edición presta especial atención á musica e o baile tradicional galegos.