Saltar ao contido principal
Xornal

Aberta a inscrición nunha xornada sobre as novas fórmulas de cooperación nas relacións profesionais

Actualizada: 13-04-2018 13:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Organizada no marco da súa programación para a empregabilidade, a Área de Orientación Laboral e Emprego da USC organiza o vindeiro mércores 18 unha xornada  de experiencias sobre distintos programas de busca colaborativa de emprego e de  xeración de oportunidades profesionais. Para asistir a ela, na Facultade de Relacións Laborais, é preciso inscribirse previamente.

O encontro, previsto dende as 9.30 ata as 13.30 horas, estrutúrase en dúas mesas de debate . Na primeira, mostraranse programas que comparten unha filosofía de traballo cooperativo e colaborativo, baseado na xeración de oportunidades de cara á mellora da empregabilidade ou o desenvolvemento persoal e profesional individual e colectivo. Compartirán as súas experiencias as expertas Victoria Calvo Eiras, Raquel Pedrouso, Mª Ángeles Rodiño Medrano e Tamara Rodríguez Silva.

No segundo dos paneis explicarase como crear espazos e relacións de colaboración para crecer e xerar oportunidades profesionais.  Así, Ana Berta Domínguez, de Doutroxeito Coworking, falará dos coworking (que son, como funcionan e que vantaxes) e Susana Loroño, Said Jeniah Ben Mezuar e Ramón Suárez achegarán detalles da Rede galega destes espazos . A xornada rematará cun relatorio sobre cooperativismo e economía social a cargo de Ana Olveira Blanco, técnica e formadora da Rede Eusumo.