Saltar ao contido principal
Xornal

A compañía de teatro USC-Lugo comeza este domingo na Miteu de Ourense a xira da obra ‘WK’, que presentará o luns en Vigo

Actualizada: 13-04-2018 14:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Unha escena de 'WK'. Foto Viva Lugo

A compañía de teatro USC-Lugo presentará este domingo, a partir das 19.00 horas, no Teatro Principal de Ourense, a súa última montaxe, ‘WK’, unha peza baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor. A formación teatral do Campus Terra da USC, dirixida por Paloma Lugilde, debutará na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense cunha dobre función.

 

Daquela, a compañía de teatro USC-Lugo ofrecerá este mesmo domingo na Miteu de Ourense un segundo pase de ‘WK’, a partir das 20.30 horas.  A formación luguesa acudirá ao día seguinte ata a capital olívica para presentar ‘WK’ na Miteu de Vigo, unha mostra universitaria de teatro cuxas función se desenvolven no Cubi. A actuación da compañía luguesa comezará ás 18.00 horas.

 

A xira da última montaxe da compañía de teatro USC-Lugo, unha formación universitaria que estreou ‘WK’ na pasada edición do Festival Universitario de Teatro de Lugo, continuará a finais de abril coa presentación desta peza o día 24 en Santiago de Compostela e o 30 de abril, en Toledo. A compañía de teatro universitaria dirixida por Paloma Lugilde pechará a xira desta obra o 6 de maio en León.