Saltar ao contido principal
Xornal

O Instituto de Cerámica da USC organiza co Imperial College London un encontro internacional sobre novas fronteiras en biomateriais

Actualizada: 16-04-2018 14:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do encontro

O Instituto de Cerámica da USC organiza de xeito conxunto co Imperial College London o noveno International Workshop on interfaces dedicado ás novas fronteiras en biomateriais. Esta é unha cita que se celebra cada tres ano dende 1991 e que nesta ocasión se desenvolve no edificio Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) en Campus.

O obxectivo deste encontro é crear unha rede de persoal investigador de campos interdisciplinares que contribúan ao avance do coñecemento arredor dos biomateriais. O encontro permite avaliar o estado actual da investigación neste eido ao tempo que establecer colaboracións e identificar futuras oportunidades de cooperación investigadora dentro dun abano de temas que contribúan directamente ao desenvolvemento de novas tecnoloxías baseadas en materiais.

Está prevista a participación de expertos e investigadores líderes internacionais en fabricación aditiva e bioimpresión, control estrutural en diferentes escalas de lonxitude, interaccións de materiais celulares, biomineralización, materiais bioinspirados, tecnoloxías para a reparación de tecidos duros e brandos e novas técnicas de imaxe.