Saltar ao contido principal
Xornal

Novas andainas lingüísticas por Santiago en catro idiomas

Actualizada: 17-04-2018 10:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC propón para estes meses aprender e practicar distintos idiomas nun contexto informal que permitirá coñecer a cidade de Santiago ao tempo que facer exercicio. As andainas lingüísticas, unha actividade que tivo grande éxito en edicións pasadas, reanúdanse este xoves 19 de abril co idioma inglés. En seguintes citas, ata xuño, haberá encontros tamén en checo, alemán e francés.

De carácter gratuíto aínda que con inscrición previa, estas andainas ofrecen unha inmersión lingüística simulada, unha práctica oral da lingua que estudan da man dos bolseiros e bolseiras estranxeiros en prácticas no CLM.

Trátase de levar a actividade do Café de linguas do CLM á rúa e combinar a práctica do idioma cun lixeiro exercicio físico, co valor engadido de profundar no coñecemento de Santiago e arredores.