Saltar ao contido principal
Xornal

Xornada de cata de viños brancos de Albariño na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

A sesión, programada polo grupo Proepla da USC no marco dun proxecto de investigación, desenvolverase este mércores 18, en quenda de 17.00 a 21.00 horas

Actualizada: 17-04-2018 14:17
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

O grupo de investigación referencia competitiva Poxectos e Planificación (Proepla) da USC organiza este mércores 18 de abril unha nova xornada de cata hedónica e de consumidor na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.


Esta nova sesión de cata está promovida no marco do proxecto de investigación 'Xestión de grandes superficies vitícolas para a optimización da calidade enolóxica - CIEN 2014', que conta con financiamento do CDTI e que contempla catas dos viños
elaborados a partir de la uva obtida nos diferentes ensaios 
sobre variedades brancas.


A participación nesta cata é libre e de balde para todas as persoas interesadas, que poderán catar os caldos en cuestión en quendas dunha hora de duración programadas entre as 17.00 e as 21.00 horas. As persoas interesadas aínda poden inscribirse a través do enderezo electrónico javierjose.cancela@usc.es ou no teléfono e 600 940 223.