Saltar ao contido principal
Xornal

A EPS de Enxeñaría celebra o Día da Terra cun acto institucional que serve para recoñecer o labor de Manuel Cruz Rodríguez

O director dos programas da TVG ‘Labranza’ e ‘O Agro’ intervirá como relator nunha sesión aberta que se desenvolverá este xoves, ás 13.00 horas, no salón de actos do centro

Actualizada: 18-04-2018 13:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC celebrará este xoves 19 de abril un acto institucional conmemorativo da celebración do Día da Terra, unha sesión que se desenvolverá a partir das 13.00 horas, no salón de actos do centro universitario lugués, e no marco da que se tributará un recoñecemento público ao traballo realizado a prol do sector agroforestal e gandeiro de Galicia por Manuel Cruz Rodríguez.

 

O director dos programas da TVG ‘Labranza’ e ‘O Agro’ abrirá esta sesión relatorio inicial, ao que seguirán as intervencións do vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e do director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, Tomás Cuesta.

 

A entrega dun certificado e placa conmemorativa a Manuel Cruz Rodríguez, en recoñecemento do labor en prol da difusión das actividades relacionadas cos sectores agrícola, gandeiro e forestal, servirá e colofón da celebración desta efeméride.