Saltar ao contido principal
Xornal

O maio do 68 en París, a través dos pinceis de Jesús Díaz Ferrer

Actualizada: 29-05-2018 11:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago continúa esta semana coa conmemoración da revolta estudantil do maio do 68 en París, da que agora se compren 50 anos e que supuxo un importante revulsivo cultural.

Ademais do concerto do violinista Florian Vlashi desta noite, a Igrexa da Universidade acubillará dende o mércores 30 a mostra ‘Crónica de maio. París 1968’, con 25 debuxos a tinta e 19 obras en acrílico de Jesús Díaz Ferrer ‘Jesús do Barco’. A inauguración será ás 20.00 horas.

A exposición, unha produción do Concello do Barco de Valdeorras que se poderá visitar ata o 15 de xuño, recolle o vivido e sentido por Díaz Ferrer, testemuña deses acontecementos durante aqueles días de maio e xuño en París. Poderá visitarse de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas.