Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán revisará a situación actual da lingua galega e as súas posibilidades no futuro

O prazo de inscrición rematará o próximo 15 de xuño

Actualizada: 04-06-2018 10:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Aberto o prazo de matrícula para asistir a un curso de verán sobre a lingua galega

A Universidade de Verán 2018 ofrece o curso titulado ‘ Galego, porta aberta para o mundo’ cuxo obxectivo é revisar a situación actual da lingua e contribuír a súa promoción. As sesións terán lugar entre o 26 e o 29 de xuño na Facultade de Filoloxía (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 15 de xuño.

O programa, dirixido por Teresa Moure, revisará a situación actual da lingua galega, co obxectivo de contribuír a unha planificación rigorosa que evite o seu esmorecemento entre os sectores máis novos, así como analizar as posibilidades que ofrece a súa dimensión internacional e construír un foro de debate entre axentes políticos, sociais, especialistas e docentes.