Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán analizará as novas finanzas no mundo dixital

O prazo de inscrición rematará o próximo 23 de xuño

Actualizada: 13-06-2018 09:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Curso de Verán sobre finanzas no mundo dixital

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre as novas finanzas no mundo dixital os días 4 e 5 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 23 de xuño.

O curso, dirixido por Loreto Fernández Fernández, ten como obxectivo analizar as grandes transformación que está a experimentar a industria financeira tras a dixitalización global. A innovación converteuse nunha variable clave das novas estratexias do sector, ao que chegan novos competidores (fintech, bigtech e  neobanks) e o incremento de clientes é exponencial.

Este curso de verán está dirixido a estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e ao público en xeral. Os contidos incluídos no curso tratan as perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados, a banca no século XXI, a ciberseguridade na operativa financeira e o fraude, as novas claves estratéxicas no sector financeiro, os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira, os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica, a banca móbil e os requerimentos xurídicos no marco da dixitalización, entre outros temas.