Saltar ao contido principal
Xornal

As estratexias contra o abandono no medio rural, a debate en Muras en xullo ao abeiro da Universidade de Verán da USC

Actualizada: 13-06-2018 13:53
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da Universidade de Verán da USC 2018

Estratexias contra o abandono no medio rural é o título do curso de da Universidade de Verán 2018 da USC que se desenvolverá do 17 ao 20 de xullo no local social do Concello de Muras. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 32 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 50 persoas, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 6 de xullo.

 

O curso, dirixido polo catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Planificación da USC, Manuel Francisco Marey, e polo enxeñeiro de Montes da Xunta de Galicia, Xabier Bruña García, e do que desenvolverán as funcións de secretaría Martín Barrasa Rioja e Mario Rouco Rey, está orientado á participación de todas aquelas persoas interesadas en traballar a prol de iniciativas orientadas a frear o progresivo éxodo de poboación que se está a experimentar en moitas áreas ruais de Galicia.

 

Daquela, o programa de contidos que presenta este curso de verán da USC permitirá aos participantes abordar e xeito multidisciplinar a problemática do abandono rural coa participación de expertos de distintos ámbitos relacionados co sector primario, así como coa poboación. Outro dos alicientes desta proposta vén dado polo seu lugar de celebración, xa as sesións programadas neste curso desenvolveranse nun contexto rural como é o caso do concello de Muras, no norte da Terra Cha luguesa, un municipio con serios problemas de despoboamento, pero no que tamén se poñen en marcha iniciativas e actividades atípicas e extraordinarias.