Saltar ao contido principal
Xornal

Un seminario en Económicas aborda o impacto do neoproteccionismo de Donald Trump no TLCAN

Actualizada: 09-07-2018 13:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Máster de Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN) organiza este martes 10 o seminario ‘O Tratado de Libre Comercio de América do Norte ante o neoproteccionismo de Donald Trump’ a cargo do profesor da Universidade Autónoma de Chiapas Jorge Alberto López Arévalo. Terá lugar no Seminario de estrutura económica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a partir das 17:00 horas presentado polo profesor Óscar Rodil.

Jorge Alberto López Arévalo é economista pola Universidade Nacional Autónoma de México, mestrado en economía pola Universidade da Habana e doutor en Economía Aplicada pola USC. Actualmente é profesor titular da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade Autónoma de Chiapas. Ten publicado artigos científicos e libros sobre temas como globalización e migración, comercio intra-industrial e economía política da globalización. Participou como investigador no proxecto ‘Avances en el patrón de comercio intra-industrial entre la Unión Europea y América Latina: el caso de Brasil y México” da Fundación EU-LAC liderado polo grupo ICEDE da USC.

Esta xornada conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Axencia Galega de Innovación (GAIN).