Saltar ao contido principal
Xornal

A incubadora galega de novos fármacos desenvolverá novos tratamentos contra enfermidades oncolóxicas, neurolóxicas, neurodexenerativas e hepáticas

Actualizada: 10-07-2018 14:36
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Fundación K ærtor, xunto coa Axencia Galega de Innovación e a compañía farmacéutica Janssen, acaban de presentar os tres primeiros proxectos seleccionados para a fase de incubación da iniciativa I2D2 (Incubation Innovation in Drug Discovery), primeira incubadora para acelerar proxectos de investigación temperá a proba de concepto en pacientes no ámbito do descubrimento de novos fármacos en España.

Novos tratamentos para a enfermidade de Alzheimer e outras patoloxías neurodexenerativas, demencias en trastornos neurolóxicos e enfermidades hepáticas como o cancro de fígado son os tres ámbitos clínicos nos que traballarán durante esta fase de incubación os centros responsables, todos españois. Trátase da compañía Quimatryx S.L., promotora do primeiro programa; a Universidade Complutense de Madrid, do segundo; e o Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares do Instituto de Saúde Carlos III (CNIC), impulsor do programa dirixido a tratamentos de enfermidades hepáticas.

A Fundación K ærtor, cuxos directores científicos son os profesores Ángel Carracedo e Mabel Loza, é un modelo sen precedentes no contexto da innovación aberta e do co-desenvolvemento público-privado no descubrimento de fármacos, creado para xestionar o know-how e os resultados logrados no proxecto Innopharma e facilitar a transferencia recíproca de coñecementos no descubrimento de fármacos.