Saltar ao contido principal
Xornal

A USC, unha ponte cara a integración

Alumnos do CEE Santa María de Lugo coñecen os procesos de crecemento das plantas na finca de prácticas da EPS de Enxeñaría no marco da ocioteca ‘Xogando xuntos’

Actualizada: 12-07-2018 12:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Miguel Anxo Rodríguez, con participantes da ocioteca 'Xogando xuntos', na finca de prácticas da EPS de Enxeñaría

Un grupo de alumnos con capacidades diferentes do CEE Santa María visitaron este xoves a finca de prácticas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC e o invernadoiro contiguo para descubrir da man do especialista Miguel Anxo Rodríguez, os procesos de xerminación, crecemento e floración das plantas que se cultivan nas instalacións da Universidade. Durante esta xornada, os alumnos mostraron un especial interese polas plantas aromáticas.

 

Esta actividade englóbase no marco da ocioteca de verán ‘Xogando xuntos’, unha iniciativa que ten como obxectivo favorecer un ocio activo dende a integración e a ruptura de barreiras. Este campamento botou a andar o pasado mes de xuño e, dende entón, os alumnos participaron en actividades todas as mañás dende as 9.00 ata as 14.00 horas. Ademais, unha vez á semana realizan estadías como a desta mañá ás instalacións da USC. Noutras ocasións foron ao cine ou fixeron surf adaptado en Viveiro.

 

O compromiso da USC coa integración e a eliminación das barreiras coas que se atopan as persoas con diversidade funcional é un dos valores máis importantes que defende a Universidade, consciente das dificultades ás que se teñen que enfrontar todos os colectivos para loitar por un acceso en igualdade á formación e ao coñecemento, pero tamén ás posibilidades de ocio.


Outras imaxes