Saltar ao contido principal
Xornal

A presidenta do CSIC visita este venres os Centros Singulares de Investigación da USC CiQUS e CiMUS

Actualizada: 12-07-2018 13:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A presidenta do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rosa Menéndez López, visita este venres 13 a Universidade de Santiago. En concreto coñecerá, acompañada do vicerreitor de Investigación, Vicente Pérez Muñuzuri, os Centros Singulares de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) e en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS).

A xornada comezará ás 10.30 horas no CiQUS, que a presidenta do CSIC percorrerá xunto co director científico e a directora adxunta do centro, José Luis Mascareñas e Dolores Pérez, respectivamente. Será ás 12.30 horas cando se trasladen ao CiMUS, onde os recibirá o seu director, Carlos Diéguez. En ambas as dúas visitas a comitiva manterá un encontro con investigadores dos centros.

Xa pola tarde, ás 16.30 horas, asistirán na Reitoría á reunión das comisións reitoras dos dous centros de excelencia científica que preside o reitor da USC, Antonio López.