Saltar ao contido principal
Xornal

A EPS de Enxeñaría comeza o proceso de acreditación EUR-ACE® dos graos en Enxeñaría Forestal e Civil e do máster en Montes

Unha comisión externa supervisa desde hoxe as titulacións do centro lugués e emitirá este mércores o seu informe provisorio ao Instituto da Enxeñaría de España

Actualizada: 18-07-2018 13:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Membros da comisión de avaliación para a acreditación EUR-ACE®, co director da EPS de Enxeñaría da USC

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC comezou este mércores o proceso de acreditación europea EUR-ACE® para os seus títulos de grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Civil, así como do máster en Enxeñaría de Montes. A comisión externa encargada de desenvolver os traballos de avaliación e supervisión destes títulos comezou este mañá os seus traballos con diversas xuntanzas cos responsables académicos de cada título, unhas xuntanzas de traballo nas que tamén participaron o director da EPS de Enxeñaría, así como outros membros do equipo de dirección do centro.

 

O director da EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC expresou a súa confianza en superar con éxito o proceso de acreditación europea EUR-ACE®, un procedemento que comezou este mércores cun acto de benvida á comisión de avaliación externa no que participaron o vicerreitores de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; a vicerreitoras de Coordinación do campus de Lugo e de Organización Académica, Montserrat Valcárcel e Celia Besteiro, respectivamente; a xefa da Área de Calidade e Mellora dos Procedementos, Pilar García, así como o equipo de dirección da EPS de Enxeñaría e os adxuntos á Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, Jesús Varela e Elvira López Mosquera.

 

O vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, Gumersindo Feijoo Costa, salientou neste acto que a nutrida presenza institucional da USC nesta sesión de benvida á comisión de avaliación externa reflicte o total apoio do equipo de goberno da institución académica compostelá a EPS de Enxeñaría neste proceso cara a acreditación EUR-ACE®.  A superación con éxito deste procedemento de certificación de calidade no contexto europeo faría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo o primeiro centro universitario da USC e tamén do Sistema Universitario Galego en contar coa acreditación EUR-ACE®, sinalou Tomás Cuesta.

 

O sistema de acreditación EUR-ACE®, promovido a finais de 2017 polo Instituto de Enxeñaría de España é un proceso de avaliación das titulacións do eido da enxeñaría cuxo procedemento para as candidaturas que o soliciten vai en parello cos da Aneca. O obxectivo fundamental desta iniciativa europea é o de garantir que calquera programa de estudos superiores de enxeñaría se axuste e cumpra cos estandares de calidade e coa adecuación ás necesidades dos sectores profesionais determinadas pola European Network for Acreditation of Engineering Education, ENAEE.

 

A acreditación EUR-ACE® constitúe pois unha iniciativa orientada a promover a mobilidade dos titulados universitarios en enxeñaría e a favorecer o recoñecemento e das súas competencias profesionais no contexto europeo.