Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán presentará o ocio inclusivo como unha ferramenta para a intervención educativa

O prazo de inscrición rematará o próximo 24 de agosto

Actualizada: 30-07-2018 12:55
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre ocio inclusivo como unha ferramenta para a intervención educativa entre os días 3 e 7 de setembro na Facultade de Psicoloxía (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 24 de agosto.

O curso, dirixido por Arturo Xosé Pereira Rozas, ofrece unha formación teórico-práctico para persoas con calquera tipo de diversidade funcional. Ademais, pretende dotar de ferramentas os participantes co obxectivo de fomentar a intervención educativa a través do ocio inclusivo. As sesións inclúen contido sobre a educación inclusiva, a diversidade funcional, a importancia dunha comunicación eficaz e a actividade física en relación ao deporte e ocio adaptado.