A Universidade de Verán 2018 ofrece un curso sobre
Slow Tourism e formas de viaxar de xeito sostible entre os días 3 e 7 de
setembro na Escola Superior de Enxeñería (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito
presencial ou
a través da páxina web ata o
próximo 24 de agosto.
O curso, dirixido por Rocío García Carregal, ten como obxectivo dar visibilidade ao impacto
do turismo como ocupación territorial e uso dos recursos. Nas xornadas presentarase outra forma de
xestión turística na que se faga fincapé no desenvolvemento económico e a sustentabilidade
ambiental.
As xornadas inclúen contido sobre as implicacións económicas da xestión turística dende o
desenvolvemento sostible e a ocupación territorial e xestión patrimonial, así como a pegada
ecolóxica asociada ao turismo. Ademais, presentarán novas formas de turismo gastronómico, o turismo
de natureza e voluntariado ambiental e as potencialidades do turismo astronómico.