Saltar ao contido principal
Xornal

A revista dirixida polo profesor Ramón Arce European Journal of Psychology Applied to Legal Context alcanza o percentil 96 no JCR

Actualizada: 11-09-2018 09:44
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A revista que dirixe o profesor Ramón Arce The European Journal of Psychology Applied to Legal Context alcanzou un factor de impacto durante 2018 no Journal Citation Reports (JCR) de 3.524 que a coloca na sexta posición dun total de 147 publicacións na categoría de Dereito e na posición décimo sétima de entre outras 135 publicacións de Psicoloxía Multidiscplinar. Na categoría legal, a publicación dirixida polo docente da USC compite con revistas de Yale, Stanford, Harvard, Columbia, Minnesota, a American Bar Foundation, American  Psychological Association, American Psychiatric Association, European Association of Psychology and Law ou la British Psychological Association.

Esta revista está vinculada ao programa de doutoramento en ‘Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense e do Consumidor e Usuario’ con múltiples publicacións de investigadores do programa. Ademais, no Mestrado Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Psicoloxía Xurídica-Forense e Intervención Social achégase formación nas técnicas derivadas da investigación nela publicada.

Como explica o seu director, o profesor Ramón Arce, esta é unha revista cun historial recente, que iniciou a súa andadura en 2009, para en 2012 ser indexada no JCR no Cuartil 3 e, dous anos despois, no Cuartil 1. Entre los factores necesarios para esta evolución, o profesor Arce destaca como clave a selección de artigos.

A publicación
The European Journal of Psychology Applied to Legal Context, é a revista oficial da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense e da Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica, publica artigos empíricos e revisións meta-analíticas de temas psicolóxicos e xurídicos. Acepta traballos sobre os sistemas inquisitivos e acusatorios así como os baseados en leis específicos dun país europeo ou Latinoamericano. A revista está enfocada a persoal investigador, académico e profesionais da Psicoloxía, Dereito, Traballo Social, Ciencia Forense, Educación e, en xeral, persoas relacionadas coas Ciencias Sociais e a Lei.