Saltar ao contido principal
Xornal

Aberto o prazo de inscrición para o exame oficial de nivel de lingua xaponesa Noken

O Centro de Linguas Modernas xestiona a súa celebración na USC

Actualizada: 12-09-2018 11:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Ao longo do mes de setembro e ata o próximo 2 de outubro é posible formalizar a inscrición no exame oficial de nivel de lingua xaponesa ‘Nihingo Noryoku Shiken’ (máis coñecido en España como Noken) que o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) desenvolverá no mes de decembro na Facultade de Filoloxía. O trámite de inscrición deberá completarse a través da web www.jlpt.es.

Este exame oficial consta de cinco niveis cos seus títulos acreditativos: N5 (correspondentes ao nivel A2-1 aproximadamente), N4, N3, N2 e N1 (equivalente ao nivel C1). O Noken, do que o CLM é centro examinador, é o título oficial de nivel de lingua e é un exame que se convoca dúas veces ao ano a nivel mundial. A proba serve para certificar o nivel de dominio que unha persoa ten do xaponés como lingua estranxeira.

As persoas interesadas tamén poden atopar información na web do Centro de Linguas Modernas.