Saltar ao contido principal
Xornal

O Servizo de Deportes organiza unhas xornadas de portas abertas do 17 ao 28 de setembro

Neste período, as persoas interesadas poderán coñecer libremente as distintas escolas deportivas da USC para o presente curso

Actualizada: 14-09-2018 13:43
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Do 17 ao 28 de setembro, a comunidade universitaria poderá coñecer de primeira man as actividades organizadas polo Servizo de Deportes nos Campus de Santiago e Lugo de xeito gratuíto e libre. Será a través das xornadas de portadas apertas, coa excepción de natación, tenis e rugby, así como o grupo de zumba de luns e mércores. As persoas interesadas poden consultar os lugares e horarios de seguimento na web.

Esta iniciativa coincidirá coa celebración os días 20, no que tamén se conmemora o Día Internacional do Deporte Universitario, e 26 dunha planificación extraordinaria de actividades deportivas a maiores da programación ordinaria: na xornada do 20 está prevista de 18.30 a 19.30 horas da sesión Xogamos a atletismo e de 20.00 a 21.00 horas dunha sesión de Zumba+Gap. O mércores 26, as persoas interesadas poderán participar de 20.00 a 21.00 horas doutra xornada de Zumba+Aerobic.

Nos casos dos grupos nos que o aforo estea completo, poderase observar o desenvolvemento da sesión e facer as consultas oportunas ao persoal responsable de cada actividade.