Saltar ao contido principal
Xornal

A spin off da USC 3edata participa en EE.UU. nun worksohp de expertos sobre datos aplicados á xestión de lagos e encoros

A empresa nada no Campus Terra da USC, traballa nun proxecto do primeiro Observatorio GLEON da Península Ibérica con Emalcsa e a UDC no encoro de Abegondo-Cecebre

Actualizada: 17-09-2018 13:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Participantes no simposio internacional ‘Un novo paradigma na investigación e xestión de lagos e encoros a través da monitorización global'

A spin off do Campus Terra da USC 3edata, que está a traballar no encoro de Abegondo-Cecebre xunto con Emalcsa e a UDC no proxecto sobre a monitorización de calidade de auga mediante teledetección e datos remotos no primeiro Observatorio GLEON da Península Ibérica,  vén de participar en Estados Unidos no simposio internacional ‘Un novo paradigma na investigación e xestión de lagos e encoros a través da monitorización global, modelización e a inclusión e o empoderamento das redes’.

 

Este workshop, patrocinado pola Rede Mundial de Observatorios Ecolóxicos de Lagos (GLEON), United States Geological Survey (USGS), as universidades de Minnesota e de Wisconsin e o Cary Institute for Ecosystem Studies,  e no que participaron expertos en Teledetección Acuática, Ciencia de Datos, Calidad de Agua e Ecologxa Acuática, principalmente dos Estados Unidos (NASA, EPA, NOAA, USGS, Universidades e oenegués), ademais dun nutrido grupo de investigadores europeos, entre os que se figura a responsable de I+D de 3edata, Carmen Cillero, fomentou o debate sobre  as observacións a gran escala das augas superficiais, a partir das nas novas capacidades de observación que ofrece a teledetección por satélite.

 

A crecente demanda global sobre as augas superficiais e os seus servizos é un feito que está a levar á comunidade científica a preguntarse sobre a capacidade dos nosos recursos hídricos para que poidan ser satisfeitas estas necesidades. Esta reflexión provoca tamén que as administracións traballen no deseño de novas ferramentas e estratexias para optimizar a xestión destes recursos. As novas tecnoloxías en monitorización de ecosistemas acuáticos son capaces de xerar conxuntos de datos moi amplos que permiten abordar cuestións relativas á calidade e cantidade de auga superficial a escala continental e mesmo global. Con todo, a entrega destes produtos de datos aos científicos e administradores e a habilitación do seu uso require un novo nivel de ciencia de datos que só pode lograrse mediante a colaboración entre disciplinas e organismos.

 

Este simposio serviu asemade para familiarizar a comunidade de investigación de lagos e encoros con estes datos e ampliar o diálogo sobre como estes novos produtos de datos ingresan nos fluxos de investigación e nas administracións. Nas diferentes sesión de traballo celebradas na cidade de Alexandría, no Estado de Virxinia, fixéronse demostracións de novas ciberinfraestruturas para acceder e interpretar os datos de teledetección por satélite e datos procedentes de bases de datos moi amplas sobre calidade da auga, así como das novas técnicas de intelixencia artificial para a interpretación e modelización de datos, que serviron de catalizador para novas colaboracións. As perspectivas da informática e as ciencias acuáticas, tanto do mundo académico como das administracións axudaron asemade a identificar oportunidades que faciliten novas colaboracións.

 

Cillero sinalou que estas xornadas de intenso traballo serviron para impulsar un esforzo concertado e multidisciplinario cara a investigación a escala continental en augas superficiais, co que se xerará unha mensaxe progresiva de investigación ás axencias e administración estadounidenses máis relevantes, pero coa potencialidade de ser implementado a nivel europeo.


Outras imaxes


Carmen Cillero, na súa intervención no workshop celebrado na cidade estaodunidense de Virxinia