O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC (GRISAMP), coordinado polo
profesor Fernando L. Vázquez, está a desenvolver unha intervención de carácter gratuíto dirixida a
persoas coidadoras de familiares dependentes de Galicia. A finalidade do proxecto é previr a
depresión cun programa psicolóxico administrado a través dunha aplicación para
smartphones.
As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto cos investigadores a través do
teléfono 673.528.166 ou do correo electrónico prevenciondepresion.app@gmail.com, onde o grupo da
Facultade de Psicoloxía responderá a todas as posibles cuestións e achegará todas as indicacións
necesarias para acceder á aplicación.
O proxecto, titulado ‘Un ensaio clínico controlado aleatorizado sobre a eficacia dunha
intervención cognitivo-condutual por App para
Smartphones para coidadores con síntomas depresivos’, está financiado na Convocatoria de
Proxectos de Excelencia da Axencia Estatal de Investigación española.