Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación en Filosofía do libro Loanzas sentidas e outros poemas

Actualizada: 18-09-2018 09:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O socio da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC Xoan Xosé Fernández Abella presenta este mércores 19 no salón de actos da Facultade de Filosofía o seu libro Loanzas sentidas e outros poemas.

No acto, que terá lugar ás 19.30 horas, participarán ademais a presidenta da asociación, Benita Silva; o catedrático emérito da USC Xesús Alonso Montero; a ilustradora Sabela Arias Castro; a escritora e animadora cultural Pilar Sampedro; e o dono da Librería e editorial Follas Novas que publica o libro, Rafael Silva Costoyas. Tamén intervirán Miro Casabella e Manoele de Felisa, que cantarán poemas do libro.