Saltar ao contido principal
Xornal

O VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas comezou na Facultade de Medicina

Actualizada: 19-09-2018 14:38
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor Antonio López, coa raíña dona Sofía e o resto de autoridades á porta da Facultade. Foto: Servimav

Coincidindo coa semana na que se celebra o Día Mundial do Alzhéimer, a Facultade de Medicina acolle o VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas–CIIIEN, cuxa inauguración presidiu hoxe a raíña dona Sofía. No acto de apertura participaron ademais o reitor da USC, Antonio López, que deu a benvida á Universidade e puxo en valor o traballo docente e investigador do tres veces centenario centro anfitrión; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; a secretaria de Estado de Universidades, Ángeles Heras; e a tenete de alcalde de Santiago, María Rozas.

Organizado pola Fundación Reina Sofía, a Fundación CIEN (Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas) e CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas), o VI Congreso CIIIEN é un foro de intercambio sobre os principais avances na investigación e tratamento do Alzhéimer, Párkinson, Huntington e outras doenzas neurodexenerativas.

Entre os relatores atópanse referentes mundiais como Harald-Jürgen Hampelda Universidade francesa da Sorbona, que na súa lección inaugural disertou sobre os avances na medicina de precisión para a enfermidade de Alzhéimer; Michael T. Heneka, do Centro de Investigación Médica da Universidade de Bonn (Alemania), que incidirá na relación entre os aspectos innatos do sistema inmunolóxico e a enfermidade de Alzheimer; e Adriano Chiò, da Universidade italiana de Turín, que profundará na ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica). Intervirán tamén os catedráticos da USC Ángel Carracedo e José Luis Labandeira-García, este último coordinador do grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidad de Párkinson da USC e que é o nodo científico en Galicia de CIBERNED.

CIBERNED
O Centro de Investigación Biomédica en Rede sobre Enfermidades Neurodexenerativas nace en 2006 como herdeiro do Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas (CIEN), que xunto co CNIO, CNIC ou CNMVIS, constituían os catro centros cuxa misión é combater os problemas de saúde máis prevalentes da sociedade española: cancro, enfermidades cardiovasculares, enfermidades infecciosas e neurodexeneración.

CIBERNED fundouse baixo os auspicios do Instituto de Salud Carlos III, e a sede da dirección científica sitúase no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa do Centro Superior de investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade Autónoma de Madrid.


Outras imaxes


De esquerda a dereita, Ángeles heras, Núñez Feijoo, a raíña Sofía, Antonio López e María Rozas. Foto: Servimav