Saltar ao contido principal
Xornal

O primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter celebrarase entre outro e novembro

Coa participación de dezaoito universidades e centros de investigación, entre eles a USC

Actualizada: 28-09-2018 13:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

USC, Universidade de Oxford, Instituto Pasteur de París, Universidade de Stanford ou CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) son algunhas das dezaoito universidades internacionais e centros de investigación que colaborarán no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña a través de Twitter. Un total de vinte e un profesores e investigadores utilizarán esta rede social como ferramenta para ensinar e comunicar o coñecemento científico.

Cunha frecuencia de tres clases por semana, cada lección abordará un tema diferente. Entre outros, o profesor da USC Jesús L. Romalde falará sobre patoxenicidade e virulencia bacteriana; Marta Cortesao, do Centro Aeroespacial Alemán-DLR sobre microbioloxía espacial; ou Jorge García-Lara, da Universidade de Central Lancashire (Reino Unido) sobre a ruta microbiana cara o cancro. Vacinas e antivacinas, resistencia aos antimicrobianos, microbiota intestinal, patóxenos ou guerra microbiolóxica son tamén algúns dos temas que se discutirán durante o curso.

Metodoloxía
Usando unha linguaxe simple e concisa, o obxectivo é comunicar a ciencia a unha audiencia xeral fóra da contorna académica usando unha rede social como Twitter. As conferencias consistirán entre 30 e 40 declaracións axustados ao tamaño de tweets con enlaces asociados, páxinas web relacionadas, blogs, noticias e especialmente imaxes e vídeos.

O curso levarase a cabo durante sete semanas (entre o 2 de outubro e o 15 de novembro) con clases programadas todos os martes, mércores e xoves a partir das 17:00 horas (UCT / GMT +2). Os tweets partirán da conta @SEMicrobiologia e programaranse para publicarse cunha frecuencia dun tweet por minuto. No é necesario un rexistro previo ao curso. O alumnado pode seguir facilmente este curso aberto masivo en liña a través dos seus dispositivos móbiles ou ordenadores, xa sexa vivo en directo á hora programada ou máis tarde, sempre buscando o hashtag #EUROmicroMOOC. Este mesmo será o que deberán utilizar os estudantes para interactuar cos conferenciantes. Todas as clases serán en inglés e compilaransen e almacenarán en liña usando a ferramenta aberta Wakelet.

Esta iniciativa está organizada e coordinada polo grupo de Ensino e Difusión de Microbioloxía da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) coa colaboración da Federación de Sociedades Europeas de Microbioloxía (FEMS). Para acadar máis información, as persoas interesadas deben contactar, en Galicia, con Jesús L. Romalde (jesus.romalde@usc.es) ou con Ignacio López-Goñi (ilgoni@unav.es / Twitter: @microbioblog).