Saltar ao contido principal
Xornal

A USC convida a coñecer a súa oferta cultural nunha xornada gratuíta este xoves na Casa de Europa

Actualizada: 26-09-2018 11:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Dar visibilidade a todos os departamentos culturais da Universidade de Santiago e pór en valor o seu patrimonio menos coñecido. Con este cometido, a Casa de Europa converterase este xoves 27 nun escaparate vivo de toda a oferta artística da institución.

Teatro, danza, música, exposicións, fotografía, astronomía e patrimonio histórico; todo nunha xornada gratuíta que encherá de cultura, desde as 17.00 ata as 22.00 horas, os espazos do singular edificio do Parque de Vista Alegre.

Quedamos na casa! dará comezo ás 17.00 horas no Colexio de Fonseca cunha visita guiada ao patrimonio da USC que rematará precisamente na Casa de Europa, onde ás 17.30 terá lugar un obradoiro de fotografía. A partir de aí, e cada media hora aproximadamente sucederanse dúas obras teatrais, un concerto da Orquestra da USC, danza contemporánea, a sesión de admisión de novas voces para o Coro Universitario, tango, un concerto de Fruit Juzz, baile galego e latino e unha sesión de astronomía. Haberá ademais durante toda a xornada un catering a cargo de Garum.


Outras imaxes